Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Spiderman suma unha nova detención ao seu longo historial delictivo

RR_Noticias

Logo de dous anos de investigacións a policía impútalle un roubo cometido nun domicilio particular en marzo do ano 2011. O imputado foi detido cando se atopaba na praza José Figueroa e os investigadores non descartan novas imputacións por outros tres roubos cometidos hai xa dous anos.

A policía nacional detivo unha vez máis, e van xa 41, a J.M.R.P. máis coñecido como Spiderman pola súa facilidade para acceder aos edificios que asalta a través de fiestras, tellados e canalóns. Nesta ocasión impútaselle un delito de roubo con forza que se cometeu nunha vivenda particular o 1 de marzo do ano 2011.
O detido, de 42 anos de idade e con domicilio en Redondela, foi identificado logo de dous anos de investigacións e trala aparición de novas probas que permitiron identificalo como outor dos feitos, polo que se procedeu a súa localización e detención que tivo lugar na praza José Figueroa.
O home foi trasladado a dependencias policiais para tomarlle declaración. O detido conta con corenta antecedentes anteriores, case todos polos mesmos feitos e non se desbota que se lle imputen outros tres roubos que tiveron lugar na mesma época.
Spiderman pasou a disposición do Xulgado de Primeira instancia de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará