Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desiguais resultados no balonmán local

RR_Noticias

Bo xogo do Chapela que malia todo non logra facerse coa vitoria na súa visita ao campo do Torrelavega. O encontro rematou co resultado de 31-28 a favor dos cántabros. O Chapela cae ao décimo terceiro posto da clasificación na División de Honra e recibe na vindeira semana ao Sinfín, cuarto da táboa. A SAR sitúase no segundo posto da Primeira Nacional logo de vencer ao Bueu por 31-24.

O Solla&Cía Chapela amosou nos primeiros minutos de xogo un bo plantexamento defensivo o que lles permitía aspirar a unha vitoria, pero un pequeno baixón ofensivo provocou que o equipo local, o Torrelavega, fora ao descanso cunha vantaxe de dous goles (16-14).
A segunda parte arrancou mal para os de Chapela logo de que un dos seus xogadores fora excluído. O Torrelavega aproveitou a superioridade numérica para agrandar a distancia ata en cinco goles. Unha distancia que novamente lograron acortar os chapeleiros que na última parte do partido tiveron que enfrontarse con algunhas decisións non parciais por parte dos árbitros. Unha nova derrota para o Chapela que caía por 31-28. Os de Fran Teixeira caen ao décimo terceiro posto da clasificación e reciben na vindeira semana ao Sinfín, cuarto da táboa.
Vitoria da SAR
Nova vitoria da Sar en Primeira nacional que permite a este equipo seguir na cabeza da liga logo de brindarlle a súa afección un novo triunfo neste caso ante o Bueu. Partido disputado na bomboneira que remataba co resultado de 31-24 a favor do Plastic Omnium. Dende o segundo posto da clasificación, a Sar desprázase na vindeira semana ao campo do Cinco Jotas, un conxunto que se atopa no décimo posto da categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará