Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello traballa nunha gala do deporte para recoñecer a deportistas como Loira Fernández

RR_Noticias

A nadadora do Racing Club de Chapela foi recibida onte no Concello polo alcalde, Javier Bas e o edil de deportes Jesús Crespo, quen ademais de felicitala polos seus logros no Campionato Europeo de natación para persoas con Síndrome de Down celebrado en Portugal comprometeron “apoio institucional” para que poida acudir ao Campionato do Mundo que se disputa o vindeiro ano en México.

Loira Fernandez conta cos requisitos deportivos necesarios para competir no Campionato do Mundo que se celebra en novembro do 2014. Con todo, a súa presenza nesa competición está no aire, xa que necesita de apoios económicos que lle permitan asumir o custe do desprazamento e a estancia en México durante 15 días. Na recepción celebrada onte no concello, o alcalde Javier Bas, ademais de felicitar a Loira polos seus logros en Portugal -dúas medallas de prata e tres bronces- amosou o seu compromiso de cara “a apoiar institucionalmente posibles iniciativas para conseguir patrocinadores privados ademais de colaborar economicamente con aquelas axudas que se lle poidan conceder a través das subvencións deportivas municipais” que posibiliten a presenza de Fernández nos campionatos do mundo. Adiantou ademais que a Concellería de Deportes está a traballar na organización dunha Gala do deporte, de carácter anual, que serva para recoñecer publicamente o traballo de deportistas que levan o nome de Redondela polo mundo. Loira Fernández amosaba a súa satisfacción pola experiencia vivida en Portugal e polos logros acadados nos europeos de natación  

Javier Bas alcalde
Amosou o seu apoio a deportista do Racing
Gala do deporte
Un proxecto da concellería de deportes
Loira Fernández deportista
Satisfeita cos resultados no Campionato europeo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará