Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bronce para Loira Fernández nos Campionatos de Europa Open de Natación

RR_Noticias

A nadadora do Racing Club de Chapela acadou en Portugal a terceira posición na proba de 100 metros bolboreta nos Campionatos de Europa Open de Natación de deportistas con síndrome de Down. A redondelá só foi superada polas representantes italiana e a portuguesa.

Loira fixo un tempo de 2.02, co que mellora nun segundo a súa propia marca de España e acada a marca mínima para participar no Mundial de México en 2014. As opcións de medalla da nadadora do Racing Chapela non rematan aquí, xa que está inscrita en cinco probas máis neste campionato de Estarraje. Hoxe competirá en 50 bolboreta e 100 libres.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará