Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela cae pola mínima ante o Alcobendas

RR_Noticias

Primeiro encontro do equipo de Chapela no seu retorno á segunda categoría do balonmán. A falta de poucos segundos para o final do encontro o xogador do Alcobendas Miguel sentenciaba o partido cun gol que daría a vitoria ao conxunto visitantes. O encontró, disputado no pavillón de Chapela, rematou co resultado de 24-25 a favor dos visitantes.

O conxunto de Fran Teixeira deixaba escapar o partido ante o Alcobendas nos últimos segundos do encontro. Un partido moi igualado que calquera dos dous equipos podía ter gañado malia seren as aspiracións dos dous conxuntos ben diferentes, xa que os de Redondela aspiran á permanencia mentres os xogadores do Alcobendas manexan a posibilidade do ascenso.
No primeiros trinta minutos os empates foron sucedéndose e nos últimos minutos o Alcobendas acadaba unha vantaxe de dous goles que os colocaba no descanso cunha lixeira vantaxe de 11-13. Na segundo parte continuaron os dous equipos moi parellos ata o final do encontro cando a falta de poucos segundos o xogador do Alcobendas, Miguel, sentenciaba marcando o gol da vitoria.
O Chapela desprázase na vindeira semana ao campo do Bordils.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará