Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pena de cárcere para unha directiva de Hormigones Vigo por romper os precintos policiais

RR_Noticias

Ana Rosa P.D. asumiu no xuízo celebrado na mañá de hoxe no Xulgado do Penal número 3 de Vigo que foi ela quen ordenou ata en 14 ocasións romper os precintos policiais colocados na fábrica de Vilar por orde do Concello ao carecer parte destas instalacións de licencia de apertura. Os outros dous imputados non se presentaron.

O xuíz condena a Ana Rosa P. D. a unha pena dun ano e tres meses de prisión por un delito de desobediencia continuada á autoridade. No Xulgado esperábase tamén a presenza do administrador da fábrica  de Vilar, Jorge Cuevas así como doutro directivo da empresa, Manuel A.T., que non compareceron.
A Fiscalía decidiu retirar a acusación contra eles logo de que a directora da cementeira asumira toda a responsabilidade na decisión de retirar os precintos para poder así continuar coa actividade da empresa. Non tomou a mesma decisión o concello de Redondela que mantén a acusación contra estes dous directivos polo que a xuíza debe ditar sentencia contra eles.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará