Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O luns do Cristo e o Xoves da Coca repiten como festivos locais no 2014

RR_Noticias

Non houbo unanimidade na elección dos dous festivos locais para o vindeiro ano, xa que tanto AER como BNG presentaron propostas alternativas. Con todo o acordo entre PP e PSOE neste asunto fixo posible que saíra adianto a proposta do goberno municipal que mantén como festivos o luns do Cristo, que se celebra o 28 de abril e o Xoves do Corpus, que no 2014 cae no 19 de xuño.

Non houbo discusión en canto á festividade do Xoves da Coca, non así no caso do Luns do Cristo que non contou co apoio nin dos nacionalistas nin da Agrupación de Electores. Este últimos presentaron un ano máis un festivo alternativo: o Martes de entroido. Ao entender de AER o masivo seguimento desta celebración en Redondela nunha xornada onde se contan por centos o número de veciños que participan durante todo o día das tradicionais comidas do carnaval así como das diferentes actividades que se organizan por parte de Cultura, xustificaría trasladar a esa data o festivo local. O seu edil Alfonso Blanco explicaba ademais que a celebración do Luns do Cristo se reduce a unha procesión a partir das 20:30 horas da tarde, acto que se podería manter independentemente de si a xornada é festiva ou non. Tampouco o BNG coincidiu cos populares e solicitaron que o segundo dos festivos locais fose o 24 de xuño para permitir así a celebración da noite de San Xoán, unha data con moito arraigo en Redondela como o acreditan o feito de que se celebren máis de 40 cacharelas en todo o Concello. Propostas que non contaron co apoio suficiente como para saír adiante o que mantén os festivos locais no Luns do Cristo que no vindeiro ano se celebra o 28 de abril e no Xoves do Corpus, o 19 de xullo.  

Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas propoñen que un dos festivos locais sexa o 24 de xuño
Alfonso Blanco AER
A Agrupación de Electores defende qeu o Martes de entroido sexa festivo local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará