Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de jazz de Alberto Conde Atlantic Trío

RR_Noticias

A formación ofrece este sábado no Multiusos da Xunqueira un concerto de balde ás 21:00 horas no que se poderán escoitar algúns dos temas do disco Atlantic Bridge. O grupo ofrecerá un pequeno avance do seu novo proxecto qeuse presentará en outubro baixo o título “Villa-Lobos a new way”.

O vindeiro sábado 7 de setembro ás 21.00 h, o Auditorio da Xunqueira de Redondela acollerá o concerto dunha das formacións de jazz galego máis internacionais, Alberto Conde Atlantic Trío, patrocinado pola Deputación de Pontevedra e a Concellería de Cultura de Redondela. A formación está capitaneada polo pianista Alberto Conde, un referente do jazz europeo e creador dun particular estilo, a “Muiñeira jazz”, acompañado dunha das seccións rítmicas de maior reputación do panorama jazzístico galego e nacional na actualidade, integrada polo contrabaixista Kin García e o percusionista Miguel Cabana. Este concerto centrarase nun repertorio de temas do disco Atlantic Bridge escollido especificamente para o trío, que se completa con algúns temas do repertorio do propio Alberto Conde xunto a algúns estándares do jazz con arranxos propios. Ademais, e como novidade, o trío ofrecerá un pequeno avance musical do seu novo proxecto discográfico, que se presentará no mes de outubro, e que leva o título xenérico de “Villa-Lobos a new way”, traballo no que estarán acompañados pola prestixiosa cantante lírica Carmen Durán e polo gran percusionista afroamericano Nirankar Khalsa. A entrada é de balde.  

Alberto Conde músico
Explica o repertorio que ofrecerán no seu concerto do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará