Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco confía en manter a categoría da Terceira División co apoio dos seus afeccionados

RR_Noticias

Logo de dúas xornadas de liga, cun empate e unha derrota, o club redondelán comeza a sondear a categoría e avaliar as súas opcións esta temporada. A falta de acerto de cara ao gol é unha das eivas que o equipo ten que superar, e agardan facelo na próxima xornada diante do Órdenes.

O presidente da Xunta Xestora, Iván Crespo, recoñece que manter a categoría vai ser unha dura batalla, pero confía nas posibilidades do equipo, que ata o de agora se mediu a dous dos equipos máis fortes do campionato (Pontevedra e Negreira) demostrando “un alto nivel de xogo”. É consciente de que o resto de equipos cos que compiten “están máis rodados” na categoría, na que eles son uns “novatos”, logo de 30 anos afastados da Terceira División. Con todo, Crespo asegura que “gañas, ilusión e traballo” non lles faltan para pelexar polo obxectivo, e que se conta co apoio dos seus seareiros serán quen de acadalo. Por iso fai un chamamento aos seguidores do Choco para que os apoien no próximo encontro diante do Órdenes, que se disputará o domingo ás 18.00 horas no Campo de Fútbol Graciano Padín, en Soutomaior. Este é de feito o terreo de xogo que están a utilizar como locais, ante a imposibilidade de poder facelo no Campo de Fútbol de Santa Mariña, que continúa en obras. A primeira fase dos traballos, que consiste no cambio da superficie do campo, está a realizarse actualmente. A segunda fase, aínda se adxudicar, inclúe a construción dunha grada nova, iluminación e o peche perimetral do campo. Para o club esta situación supón “un lastre” no inicio da liga, xa que limita as horas de adestramento do equipo e obrígaos a xogar como locais nun campo “alleo”, polo que demandan do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra, promotores das obras, que os traballos se axilicen “o máximo posible” para poder estar “en igualdade de condicións” que o resto dos clubs. Con todo, Crespo entende que esta reforma das instalacións de Santa Mariña será “moi beneficiosa” tanto para o club como para os afeccionados,e confía en que os traballos rematen “canto antes”, aínda que a previsión é que non estea finalizado ata o mes de xaneiro ou febreiro de 2014.  

Iván Crespo presidente
No club confían en poder manter a categoría.
Choco-Órdenes
Crespo anima ós seareiros a asistir ao partido en Soutomaior.
Obras no campo de Santa Mariña
No club piden celeridade no remate das obras para poder xogar como locais na casa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará