Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela agarda medio milleiro de participantes na marcha ciclista popular “Únete á Volta”

RR_Noticias

Afeccionados á bicicleta de todas as idades teñen unha cita este domingo en Redondela. Logo do paso da Volta Ciclista, Concello e Deputación organizan un ano máis unha marcha popular aberta a todo o público. A saída será ás 11.00 horas desde o Campo da Feira, para dirixirse á praia de Cesantes e regresar ao centro da vila. Ao remate da proba haberá un sorteo de bicicletas, material deportivo e libros.

A deputada provincial Marta Iglesias, que participo na presentación do evento, salientou que se trata dun percorrido “doado”, que pode realizar calquera persoa cunhas condicións físicas “normais”. Iglesias animou tanto aos veciños como aos turistas que estes días visitan Redondela a participar desta actividade que pretende “fomentar a práctica deportiva” entre toda a poboación. Jesús Crespo, concelleiro de Deportes, sinalou que non haberá escusa para os que queiran participar, xa que o Concello porá a disposición do público unhas 30 bicicletas. A inscrición é de balde, poden participar todos os maiores de 5 anos e o único requisito é “o uso obrigatorio de casco”. Para os máis pequenos a organización instalará un circuíto no aparcadoiro da Alameda, onde organizarán actividades lúdicas para eles. Ao remate da marcha celebrarase un sorteo de agasallos entre os participantes, con bicicletas, material deportivo e libros de Mexi-llón, a mascota da Volta Ciclista. O exciclista profesional, Marcos Serrano, encargado de coordinar a proba, explicou que cumpre con todos os requisitos de seguridade, con varios coches de apoio. Ademais el mesmo participará no percorrido “para darlle ritmo” á marcha. A organización agarda superar a cifra de asistentes do ano pasado, cando a marcha ciclista reuniu a máis de 400 persoas. Crespo entende que, ao celebrarse este en domingo – na anterior edición foi un sábado- haberá máis público, podendo superar os 500 asistentes.  

Marta Iglesias deputada provincial
A Deputación anima a todos os veciños a participar na marcha ciclista.
Marcos Serrano organizador
O exciclista profesional fala da organización da marcha popular.
Jesús Crespo concelleiro de Deportes
O Concello agarda superar os 400 participantes da pasada edición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará