Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A fiscalía pide tres anos de cárcere para un redondelán por maltratar ao seu bebé

RR_Noticias

Os feitos remóntanse ao pasado mes de abril, e producíronse nunha vivenda de Redondela. O ministerio fiscal pide un total de 3 anos de cárcere para o home que está acusado de coller ao neno, de 18 meses, zarandealo, sacalo por unha xanela e golpealo contra unha mesa mentres a nai xacía na cociña despois de recibir unha malleira.

A parella convivía nun piso de Redondela malia que un xuíz do Porriño ditara unha orde de afastamento até o 2015 contra el. O xuízo celebrouse onte no Penal número 1 de Vigo. O acusado, en prisión por quebrantar o afastamento, negou todas as acusacións e afirmou que ese día non estivera no piso. Por contra, a denunciante asegurou que a súa ex parella a insultou, agarrouna do pescozo e que lle pegou, motivos polos que ela se defendeu
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará