Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xa están á venda as entradas para o festival Sinsal San Simón, que se celebra a finais de agosto

RR_Noticias

Será o sábado 31 agosto e o domingo 1 de setembro. Tras a cancelación en solidariedade coas vítimas do terrible accidente de tren en Santiago, Sinsal San Simón volve. Unha vez máis o cartel será secreto e repetirase durante os dous días do festival.

O certame volve comezar de cero. Debido aos cambios nas mareas a organización viuse na obriga de variar horarios e portos de acceso a San Simón e, polo tanto, a devolver as anteriores entradas e comezar o proceso de novo. Os horarios dos barcos serán os mesmos para os dous días. Desde Cesantes con saídas: 10:45, 11:15, 11:45, 11:50 e regreso: 21:15, 21:30, 21:45, 22:15. Desde San Adrián a saída ás 12:15 e regreso ás 22:00. A saída desde ás 10:45 e a volta ás 22:30. As entradas están xa á venta en ticketea e entradasgo. As primeiras 200 entradas desde os portos de Cesantes e San Adrián de Cobres para adulto terán un prezo de 29€ . Para o resto de entradas, ata as 12:00 do 26 de Agosto, as saídas de Cesantes e San Adrián de Cobres terán un prezo de 35€ , despois pasarán a custar ata o día do festival 40€. O barco desde Vigo ten un único prezo de 43€. Os menores de 12 anos teñen un único prezo de 5€.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará