Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta pola prevención das drogodependencias

RR_Noticias

Unha unidade móbil desprazarase os sábados do mes de agosto aos lugares de ocio nocturno para achegarse á xente moza e analizar e previr as súas posibles prácticas de risco relacionadas co consumo de alcol e outras drogas. Unha iniciativa da Asociación Alborada en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais e igualdade.

O programa Creative, ao que se ven de sumar a Concellería de Servizos Sociais de Redondela, consiste nunha unidade móbil que se despraza aos lugares de ocio nocturno para desenvolver in situ estratexias de prevención selectiva de consumos de alcol e outras substancias en espacios urbanos públicos. Na actualidade, segundo explica o director de Alborada Jesús Cancelo, o consumo de drogas como o cannabis ou a cocaína e a aparición doutros fenómenos como o consumo de alcol en espazos públicos, o coñecido como botellón, supón unha preocupación social polas prácticas de risco que van aparelladas a este comportamento: consumo desmesurado de alcol, risco de inxerir drogas adulteradas ou en mal estado, conductas incívicas dos mozos, prácticas sexuais de risco… No camiño de diminuír esas prácticas entenden que é prioritario a información, motivo polo que contan cunha unidade móbil con dous educadores sociais ao fronte que se despraza aos lugares nos que o ocio nocturno poida ir aparellado de consumo de alcol e drogas. Cancelo explica ademais que a situación de crise económica leva aparellado cambios no consumo, xa que diminúe a presenza de drogas caras como a cocaína e se incrementa o risco de consumo de drogas máis baratas como as drogas de síntese de laboratorio ou o alcol de mala calidade mesturado con outro tipo de produtos. A unidade móbil, na que se da aos mozos tamén a posibilidade de analizar algunhas sustancias e de realizar test de alcoholemia desprazarase a Redondela os día 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto.  

Jesús Cancelo director de Alborada
Explica o funcionamento da Unidade móbil que se despraza a Redondela neste mes de agosto
Crise e drogas
Aumenta o consumo das drogas máis baratas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará