Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Valle proclámase campión no Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

Partía como un dos equipos favoritos do torneo, xa que detrás do nome patrocinador atópanse os xogadores do Bembrive, e ao longo de todo o campionato amosaron a súa superioridade ata chegar ao encontro final cando lograron superar ao Chusco D,Guay nun partido que rematou co resultado de 2-4 a favor de Pable Valle. Previamente disputouse o terceiro e cuarto posto, un partido entre Cafetería O Nordés e Rodavigo que se resolveu na quenda dos penaltis a favor dos primeiros.

Durante todo o mes disputouse na pista da Xunqueira os encontros correspondentes á XXXIX edición do Mundialito. Unha cita obrigada que este ano contaba cun total de 24 equipos que se tiveron que enfrontar durante os primeiros días a unhas elevadísima e inusuais temperaturas. Conforme avanzaba o torneo os que partían como favoritos confrimaban a súa superioridade, chegando xa a cuartos de final os equipos Pablo Valle Deportes, O Chusco D,Guay, Cafetería O Nordés e Rodavigo.
Foi este sábado cando se disputaron na pista da Xunqueira os últimos dos encontros. O enfrontamento entre Cafetería O Nordés-Rodavigo tivo que decidirse na quenda de penaltis cun resultado final de 5-3. Pola súa banda Pablo Valle lograba facerse co campionato logo de vencer por 4 a 2 ao segundo clasificado, O Chusco D,Guay.
Rubén Valle Táboas fíxose co trofeo ao máximo goleador e Mario Paz Bahillo foi recoñecido pola organización como o mellor xogador do campionato. O trofeo ao equipo menos goleado foi para Pablo Valle Deportes e premiouse tamén a deportividade dos xogadores de O Chusco D,Guay.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará