Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela mantense terceira logo das citas da fin de semana na Liga Galega de Traiñeiras

RR_Noticias

A regata disputada en Chapela na xornada do sábado viviuse con polémica logo de que o primeiro posto fora para Cabo da Cruz malia seren os de Samertolaméu os primeiros en cruzar a meta. Con todo, unha sanción de tres segundos sobre os de Meira relegounos ao segundo posto da clasificación. Chapela entrou no terceiro lugar logo dunha excelente carreira. E en terceiro lugar se manteñen os de Chapela na clasificación xeral logo da regata celebrada onte en O Grove.

Samartolaméu e Cabo da Cruz amósanse intratables nas regatas que se están a celebrar estes días en augas galegas. O sábado era en Chapela e onte domingo en O Grove, onde os oito clubs que militan a Liga galega A se medían as forzas. Os remeiros de Chapela  patroneados por Fran González está a facer unha excelente tempada aínda que polo de agora mantéñense no terceiro posto ante as dúas embarcacións que se están a xogar o título, a de Samertolaméu e a de Cabo da Cruz., ambas as dúas empatadas a 30 puntos na clasificación xeral e seguida con 22 por Chapela.
Na Liga galega B é contundente o poderío da embarcación de Ares. Unha categoría que nos deixaba ademais esta fin de semana unha regata en Cesantes coa celebración da XXVII Bandeira concello de Redondela. Os remeiros de Cesantes mantéñense no oitavo posto dunha clasificación liderada sen discusión por Ares con 37 puntos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará