Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ritmos variados no verán de Redondela con concertos de jazz, música hindú e folk

RR_Noticias

A concellería de Cultura ven de presentar a programación que se vai desenvolver durante as vindeiras semana no concello con actividades para todos os gustos e idades. Ademais da música haberá espectáculos circenses, teatro e cine. O edil Julio Alonso salienta o esforzo da Concellería por recoller e publicitar nun mesmo programa as actividades que organiza o seu departamento e os resto de colectivos e centros culturais.

O obxectivo é evitar que de cara ao futuro se solapen actividades nunha mesma xornada e incluso nun mesmo horario. Un feito que se traduce en que “citas culturais detrás das cales hai un importante esforzo por parte dos seus organizadores quedan sen público porque hai varios eventos no mesmo día e á mesma hora”. Tamén se intenta subsanar un problema de comunicación que leva a que en moitos casos o público potencial non saiba das actividades. Entre as máis salientables no programa de verán atopamos a música de jazz cun concerto da agrupación Lagniappe Brass band que achegará a Redondela os ritmos de nova Orleáns o día 11 de agosto ou a música hindú o día 18 co grupo Vikas Tripathi e Rajib Karmakar. Concertos que terán lugar na paraza da Casa da Torre do mesmo xeito que o programado para o 21 co grupo de percusión Odaiko. Non faltará a música folk con concertos de Roi Casal, A Roda e Carapaus. As acrobacias ao máis puro estilo Circo do sol chegarán os días 14 e 18 da man de Cair Circo e haberá tamén teatro con Pau Pau Produccións e a obra Aguilas en el jardín o día 21 de xullo, única das citas enmarcadas no programa que non é de balde. E de xeito máis inmediato esta semana temos un concerto de música tradicional na Alameda de Chapela este xoves ás 21:30 horas coa actuación das pandeireteiras de Trasmañó, o grupo de gaitas de Saxamonde e as pandereiteiras de Cabeiro e o sábado o  II Berete rock no paseo de Cardona o sábado ás 20:30 coa actuación dos grupos Stoyka, Caraba, Druídas, Barrytown e El garito del gordo.  

Julio Alonso edil de cultura
Unha programación variada
Concertos variados
Salienta o esforzo por programar en Redondela e Chapela
Actos concretos
Julio Alonso nos fala de xeito pormenorizado dalgunhas das citas previstas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará