Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

24 equipos desafían ás altas temperaturas na XXXIX edición do Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

A tradicional cita deportiva arrancaba o pasado 1 de xullo con novidades importantes e a participación de 24 equipos entre os que se atopan algúns dos mellores equipos da comarca como o Bembrive, cuxos xogadores ao completo xogan baixo o patrocinio de Pablo Valle. O Royal Picasso, Agrocar, Rodavigo ou Opel Fimauto son outros dos conxuntos que aseguran a emoción e a calidade no xogo.

Por primeira vez nos seus 39 anos de historia o Mundialito ofrece premios en metálico para os tres primeiros clasificados, unha novidade que dende a organización entenden serviu para incrementar o número de participante e para garantir ademais a boa calidade dos conxuntos que están a medir as súas forzas na pista da Xunqueira. Así o salientaba Julio Mougán, presidente do Redondela F.S., quen apunta ademais que as elevadas temperaturas dos últimos días non están a restar calidade ao xogo nin afeccionados ás gradas. Outra das novidades desta edición é o concurso fotográfico que anima a todos os asistentes a sacar as súas instantáneas e optar así a un premio de 50 euros. Os participantes deberán envíar ó mail do club Fútbol Sala Redondela (f.s.redondela@hotmail.es). O XXXIX Mundiliato da Xunqueira está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala, en colaboración co Concello e a Cafetería Aifos. Os encontros dispútanse todos os días en horario de tarde, dende ás 20:30 ata as 22:30, hora na que arranca o último dos partidos programados.  

Julio Mougan presidente do Redondela Futol Sala
Fálanos da boa calidade dos equipos participantes
Concurso fotográfico
Un bo xeito de implicar tamén ao público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará