Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manquiña sóbese ao escenario no Arde Rande

RR_Noticias

A VII edición deste festival, que se celebra estar tarde noite a partir das 22:00 horas baixo a Ponte de Rande con entrada de balde, contará coa presenza de seis agrupación e artistas musicais, entre os que se atopa a recen creada banda The Body of The Lito, un grupo de hip hop que conta cao colaboración do popular actor Manquiña.

Un completo cartel no que se inclúe tamén a actuación de Nao, unha banda formada no ano 2005 na Estrada, referente no rock galego grazas a súa mestura de rock e poesía xunto cun potente directo. No concerto de hoxe estarán tamén os grupos Maskarpone e Fei gañadores do concurso de maquetas organizado pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande. Completan o cartel Os beretes e o Dj Pol encargado de prolongar a festa ata a madrugada. A programación organiza para esta fin de semana complétase cun serán que se celebrará o sábado baixo a Ponte coa presenza das pandereteiras de Trasmañó a partir das 21:30 e unha ofrenda floral na honra dos mariñeiros o domingo.  

Roberto Cabaleiro Asociación de Rande
Fálanos dos grupos que actúan esta noite
Serán
Un completo programa na fin de semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará