Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Los inhumanos, estrelas do Entroido de Verán en Redondela

RR_Noticias

King África, Chimo Bayo ou Georgi Dann foron algúns dos artistas que en edicións anteriores pasaron por esta cita festiva e veraniega que dende hai 16 anos se ven celebrando en Redondela. Nesta nova edición que terá lugar o sábado 24 de agosto xa está confirmada a presenza do grupo Los Inhumanos, unha formación que naceu no ano 1980 e que se caracteriza por subir ao escenario a un nutrido grupo de compoñentes dispostos a facer festa.

A actuación de Los Inhumanos será no campo da Feira, lugar no que como en edicións anteriores se concentra o groso da actividade nocturna, que durante todo o día se espallas polas prazas e as rúas do casco urbano. O programa deste ano completarase cunha gala Drag Queen que estará presentada e conducida polo transformista Cristián de Samil.
Da formación orixinal de Los inhumanos nada queda pero de seguro que no seu repertorio manteñen temas tan populares como “Qué difícil es hacer el amor en un Simca Mil”, “Duba Duba” ou “Me duele la cara de ser tan guapo” entre outros.
Unha decimo sexta edición dun entroido de verán que organizan os hostaleiros de Redondela en colaboración co Concello e que espera atraer a máis de 10.000 persoas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará