Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de matrícula para a Escola de Música de Chapela

RR_Noticias

A Escola amplía a súa oferta en clases instrumentais nas que o alumno poderá escoller entre 18 modalidades diferentes, ademais de aulas de música e movemento para nenos a partir de tres anos, clases de linguaxe musica e instrumentos para adultos. O prazo de inscrición para o curso 2013-2014 permanecerá aberto ata o vindeiros 28 de agosto nas instalacións da Escola nos baixos do pavillón de Chapela.

Unhas instalación que durante todo o mes de xullo acolle tamén diferentes actividades relacionadas coa música cun curso de verán que se imparte os martes e xoves en horario de mañá. Unha actividade da que poden participar os nenos que queiran achegarse a música de forma lúdica o que desexen aproveitar este mes para recibir clases de apoio, reforzo e preparación de probas de acceso a conservatorios e recuperación de materias. A partir de setembro recuperarán xa as actividades propias do curso que se ampliarán cunha ludoteca musical orientada a nenos a partir dos dous anos. Haberá ademais unha ampla oferta en clases instrumentais onde o alumnado poderá escoller entre 18 modalidades diferentes así como as tradicionais clases de música e movemento, linguaxe musical e instrumento para adultos sen límite de idade. No curso pasado pasaron por estas instalación 172 alumnos con idades comprendidas entre os 3 e os 65 anos, un número que podería incrementarse nos vindeiros anos. Para máis información os interesados poden dirixirse ás propias instalacións da Escola nos baixos do pavillón de Chapela ou enviar un correo ao enderezo escolademusicadechapela @hotmail.com  

Begoña Rial directora da Escola de música
Durante o verán desenvolven diferentes actividades de carácter lúdico
Curso escolar
Ata o vindeiro 28 de agosto poden inscribirse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará