Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Accidente múltiple en Chapela con dous feridos

RR_Noticias

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente acontecido á 1:45 horas da madrugada de hoxe na Avenida de Vigo ao seu paso pola parroquia de Chapela. Os feridos, que foron trasladados a un centro hospitalario da cidade olívica segundo información da policía local, viaxaban nun Peugeot 106 que foi investido por un Audi A-4 que acabou incrustado contra unha vivenda.

O condutor do Audi, C.F.O.P veciño de Vigo e de 34 anos de idade resultou ileso, non así os dous ocupantes do Peugeot 106, que foron trasladado en ambulancia a un hospital vigués. O suceso tiña lugar cando o condutor do Audi perdía o control do seu vehículo nunha curva e colidía contra o Peugeot que circulaba en sentido contrario, a continuación golpeaba tamén un Mercedes Clase A que se atopaba estacionado na vía pública para acabar incrustado contra unha vivenda.
Alcoholemia
Non foi este o único suceso da madrugada. Pasaban tan só 15 minutos da media noite cando o 112 alertaba á policía local dun Opel Astra que circulaba dando bandazos pola N-550 entre Redondela e o Porriño. Unha patrulla desprazouse ata o lugar e localizou o turismo no Alto dos Valos. O seu condutor, un veciño de O Porriño de 49 anos de idade, presentaba visibles mostras de atoparse baixo os efectos do alcohol polo que se procedeu a facerlle a proba regulamentaria. O home cuadriplicaba a taxa de alcohol permitida ao volante polo que foi detido, trasladado a comisaría de Vigo e hoxe está previsto que pase a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará