Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A VI Carreira Popular Vila de Redondela amplía ata esta media noite o prazo de inscrición

RR_Noticias

Debido a gran afluencia de solicitudes recibidas nos últimos días na proba absoluta a organización do Club de Atletismo de Redondela decidiu ampliar ata as 23:59 horas deste xoves 27 o período de inscrición. De momento o número de inscritos é de 444, co que se supera xa o número de participantes da pasada edición 2012.

A participación nas categorías infantís tamén é moi elevada, polo que a Asociación Deportiva C.A.R. viuse na obriga de pechar xa o prazo de inscrición para os nenos. Contan cun total de 210 rapaces inscritos, e segundo os responsables da proba incrementar esta cifra suporía “comprometer a seguridade dos nenos e a boa organización das carreiras”. A VI Carreira Popular Vila de Redondela celebrarase este domingo, día 30 de xuño, sobre un percorrido de 6500 metros. Tanto a saída como a meta estarán diante da Casa do Concello. Para os máis pequenos haberá percorridos especiais, desde os 50 ata os 1.500 metros en función da idade, con premios para todos os nenos. A inscrición para os adultos pode facerse na páxinas web www.championchipnorte.com, e tamén na oficina de Viaxes Loa en Redondela, e o prezo é de 3 euros. A carreira tamén ten fins solidarios, posto que unha parte dos fondos recadados doarase á asociación “Lenda” de atención a persoas con enfermidades mentais. Os gañadores, ademais de recibir un trofeo, serán agasallados tamén cunha viaxe pola ría con visita á illa de San Simón e unha comida no Hostal Antolín.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará