Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño promove a recollida de sinaturas en Change.org para a mellora da N-555

RR_Noticias

A plataforma Change.org é unha ferramenta empregada por milleiros de persoas para recoller sinaturas que apoien medidas concretas en calquera parte do mundo. A través de internet e as redes sociais os seus usuarios buscan apoios co obxectivo de provocar cambios sociais. Un veciño de Redondela ven de iniciar unha petición solicitando apoios para lle solicitar ao Ministerio de Fomento que mellore a seguridade vial na N-555 entre Redondela e o aeroporto de Peinador.

O texto da petición lembra que os veciños da zona “pasamos medo cando nos diriximos ás nosas casas por non ter beirarrúas” e que por este motivo reclaman ao Ministerio de Fomento que arranxe esta estrada e a dote de maiores medidas de seguridade para peóns e condutores.
Unha petición que de xeito reiterado veñen facendo dende hai anos os veciños das parroquias de Cediera e Negros e que agora conta coa súa propia entrada na web change.org.
http://www.change.org/es/peticiones/recogida-de-firmas-para-solicitar-mas-seguridad-vial-n-555
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará