Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pago do Imposto de circulación

RR_Noticias

O vindeiro 25 de xuño remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica no Concello de Redondela correspondentes o exercicio 2013. Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.

Como novidade dende este ano para facilitar o pago dos recibos ós contribuíntes, ampliouse o abano de entidades colaboradoras para efectuar o pagamento dos recibos, podéndose facer o mesmo en calquera das sucursais das entidades Novagalicia Banco, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya.
Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das entidades mencionadas, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 ou no teléfono 986408279. O horario de atención ao público é de luns a venres de 9:00 a 14:00 e durante a tarde de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas. Tamén poderán descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación, introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición.
Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará