Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

La Caixa galardoada por Andaina pola súa labor en favor da discapacidade

RR_Noticias

A entidade bancaria recibirá este sábado o galardón que concede a Asociación de nenos e nenas con necesidades especiais de Redondela. A entrega terá lugar nos transcurso dunha gala que se celebra mañá no Multiusos da Xunqueira ás 20:30 horas e que contará coa actuación do grupo Tangata.

O actor Paulo Medal será o encargado de conducir a I gala dos premios Andaina que se celebra este sábado en Redondela. Unha actividade que servirá para recoñecer a labor de la Caixa, entidade local que máis destacou ao entender da Asociación na súa labor en favor da discapacidade e a atención a diversidade. Unha labor especialmente encomiable nos tempo que corren cando máis difícil lle resulta a este tipo de colectivos sobrevivir polos recortes das axudas tanto públicas como privadas. O presidente da Asociación, Antonio García convida aos veciños a asistir a unha gala na que non faltará a música a cargo do grupo Tangata e se fará entrega tamén dos premios aos gañadores do concurso de debuxo no que participaron máis de 250 rapaces dos centros educativos do concello. Ao longo da gala proxectarse ademais dúas curtametraxes protagonizadas por membros da asociación.  

Antonio García presidente de Andaina
Na gala premiarase o apoio de La Caixa
Recortes á integración
Os recortes están a afectar de cheo ás persoas con necesidades epseciais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará