Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eduardo Reguera: “Non haberá moción de censura en Redondela”

RR_Noticias

O concelleiro do PSOE asegura que é imposible chegar a un acordo con AER para desbancar da alcaldía ao popular Javier Bas. Na xuntanza celebrada onte entre ambas as dáus formacións, a Agrupación de Electores lle terían manifestado un non rotundo a apoiar “calquera pacto de goberno liderado polo PSOE”.

Sorprendido aínda que “consciente de que isto forma parte do xogo democrático” amosábase o concelleiro do PSOE, Eduardo Reguera ao confirmar nos micrófonos da Radio Municipal que non existe posibilidade algunha de que se presente unha moción de censura en Redondela. Asegura que malia que o seu grupo tiñan previsto presentar unha serie de propostas “na liña das demandas de AER que pasaban por garantir unha maior transparencia e información por parte do goberno” ditas propostas non chegaron a debaterse. Aínda que acudiron á reunión celebrada na sede do PSOE na tarde noite de onte, os representantes de AER, Jorge Varela “Chopi”, Alfonso Blanco “Pochi” e Bernardo Crespo “Kampa”, chegaban xa coa decisión tomada: a Agrupación non ía apoiar un proxecto alternativo de goberno. E así llelo fixeron saber aos representantes do PSOE nada máis comezar a xuntanza que con todo se prolongaría durante máis de dúas horas. Reguera apunta que deberá ser a propia Agrupación de Electores quen dea “cumpridas explicacións” da súa decisión, tomada antes incluso de que se iniciaran as negociacións co resto dos grupos. Engade Reguera que o seu grupo “non estaba disposto a gobernar a calquera prezo” pero que por responsabilidade si entendía que debían ser eles os que lideraran as negociacións. Hoxe tiñan previsto reunirse co BNG, reunión que decidiron suspender unha vez que non hai posibilidades de que a moción siga adiante. O órdago polo anto saiulle ben aos populares que seguirán na alcaldía e poderán ademais sacar adiante os seus orzamentos logo de que Javier Bas vencellase a cuestión de confianza a esas contas municipais. Unha confianza que perdeu e que abría a porta a unha posible moción de censura e a un cambio polo tanto de cor no goberno local, algo que só sería posibble de existir un acordo entre os tres grupos que conforman a posición, acordo que a día de hoxe xa se confirma imposible.

Entrevista a Eduardo Reguera
O socialista asegura que as negociaciósn están rotas logo de que a Agrupación de Electores xa decidissen non apoiar un proxecto alternativo de goberno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará