Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous mozos por delitos contra a seguridade vial

RR_Noticias

A policía local detivo na madrugada do domingo a dous mozos, un de 18 e outro de 34 anos, logo de protagonizar dous incidentes en Redondela e Chapela ao volante dun Audi e un Peugeot 205. En ambos os dous casos os mozos presentaban síntomas evidentes de embriaguez polo que se procedeu a súa detención.

O primeiro dos sucesos tiña lugar a 1:30 horas da madrugada de onte cando uns veciños alertaron á policía de que un individuo tentaba abrir un camión estacionado na rúa José Fernández coñecida como baixada a Pescanova. Unha vez no lugar o mozo, A.R.G. veciño de Capela e de 34 anos de idade tentou fuxir ao volante dun Audi sendo interceptado pola patrulla da policía quen procedeu a realizar a proba de alcoholemia. O mozo foi arrestado e presentado na comisaría logo de comprobarse que case cuadriplicaba a taxa de alcohol permitida e pasará hoxe a disposición xudicial.
O segundo dos sucesos produciuse na rúa Ernestina Otero ás 3:50 horas do mesmo día, cando alertaron dun accidente logo de que un Peugeot 205 colidira contra un vehículo estacionado na rúa e posteriormente se dese á fuga. Pouco despois localizouse o turismo na rúa Vimbio onde o seu propietario, M.L.R., natural de Redondela e veciño de Arcade de 18 anos de idade estaba tentando cambiar unha roda. Malia facerse tres intentos os axentes non foron quen de realizarlle a proba de alcoholemia procedendo a súa detención e trasladado á comisaría de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará