Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Urbanismo denega a instalación dunha empresa de acumulación de saburra en Vilar

RR_Noticias

O BNG amosa a súa satisfacción ante a decisión do departamento municipal e lembra que foron as numerosas alegación presentadas, entre elas a dos nacionalistas, as que permitiron a paralización dun proxecto que ía afectar moi negativamente a unha vintena de vivendas no barrio de Millarada

O proxecto agora paralizado prevía a instalación nunha parcela de 1.400 metros cadrados catalogada como solo non urbanizable, dunha empresa para acumulación de saburra a ceo aberto algo que ao entender do BNG suporía unha actividade dun impacto enormemente negativo.
Tendo en conta a información facilitada polos veciños e veciñas quen manifestaron a súa preocupación e inquedanza ante un proxecto que ía deteriorar enormemente a súa calidade de vida, xunto aos informes que se recollían no propio expediente da solicitude o BNG,elaborou e presentou a súa propia alegación na que salientaban en primeiro lugar “a forte pendente e o desnivel no que se pretendía ubicar dito almacén”. Un feito que podería provocar nun futuro “desprendementos e anegamentos na zona”.
En segundo lugar recollían na súa alegación a proximidade dunha vintena de vivendas  “cuxos veciños ían ver deteriorada enormemente a súa calidade de vida” Tamén recollía a alegación os accesos dende a N-555, que considera totalmente inadecuados.
Un dos argumentos que o BNG considera máis determinante para rexeitar este Proxecto, constitúeo o feito de que esta actividade de carácter industrial debe ubicarse nun polígono ou área industrial, onde sí se cumprirían todas as condicións para a viabilidade da empresa.
Dende a organización local do Bloque consideran que a presión veciñal foi  fundamental de cara a que os servizos técnicos municipais denegaran a instalación desta empresa no lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará