Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recende a flores no Día do Corpus

RR_Noticias

Logo de días incansables de traballo, hoxe a noite culmina a labor das persoas, maioritariamente mulleres, que dende hai un mes están a esfollar as margaridas, as hortensias, os caraveis, separando o fiuncho e o mirto para que todos nós poidamos gozar da imaxe das rúas de Redondela ulindo a flor e convertidas en verdadeiras obras de arte. Un traballo que se realiza no Multiusos da Xunqueiro, na Rúa de Ribadavia e a rúa Isidoro Queimaliños.

Hoxe non haberá tempo case nin para xantar, pero o duro traballo dun mes verase recompensado, se a chuvia o permite mañá, e tamén o sábado. Un traballo no que participan preto de cincuenta persoas, a maior parte delas mulleres, que comezaba hai un mes coa recollida do mirto, o verde, e as flores, como nos comentaban as coordinadoras dos grupos do Multiusos da Xunqueira e a Praza de Ribadavia. Este ano a mala climatoloxía obrigou a comprar boa parte das flores que se van empregar na elaboración das alfombras florais. Un traballo no que contaron coa colaboración do concello que se encargou da súa compra a un invernadoiro mentres que o verde foi facilitado polos traballadores municipais. Unha axuda que agradecen pero que lembran non é suficiente. A falta de xente foi que as xornadas de traballo sexan maratonianas. Nas últimas semanas as voluntarias traballan pola mañá e pola tarde. Un bo número delas con máis de 70 e 80 anos, que aínda que firman que o fan con gusto, por manter a tradición, recoñecen que é preciso que se impliquen os máis novos porque cando elas deixen de vir non haberá ninguén que o faga. Non hai implicación da xuventude, din, e o feito de ser unha actividade voluntaria, pola que non reciben ningún tipo de remuneración, fai moi difícil conseguir que a xente participe durante o mes de preparación. Entre a xuventude os que máis se implican son os cativos que o mércores pola noite son os protagonistas á hora da elaboración deses tapices florais, que cada ano achegan a Redondela a centos de persoas. Precisamente un dos elementos fundamentais deses tapices florais son os deseños, que neste 2013 terán moito de literatura. Ademais dos motivos tradicionais referentes a Coca e o Corpus, tamén estará presente nalgunhas rúas Rosalía de Castro, facendo unha homenaxe a eses 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.  

Merche
Un ano máis a falta de relevo é a queixa máis xeralizada
Marga
Moitas seguen a participar por entender que é unha tradición que hai que manter
Deseños
Este anos terán tamén unha compoñente literaria
Maruja
Unha das máis veteranas segue a traballar con 82 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará