Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Cesantes lamentan a decisión de Renfe de reducir a dúas as paradas no apeadeiro

RR_Noticias

Xa se manifestaran en contra deste recorte de servizos os sindicatos ferroviarios e o Comité de Empresa de Renfe, ademais do pleno do Concello de Redondela. Agora son os propios veciños da zona os que cuestionan a decisión do Ministerio de Fomento de reducir o servizo ferroviairo no apeadeiro de Cesantes a tan só dúas paradas diarias (unha por sentido).

Fomento afirma que reduce os servizos de proximidade do ferrocarril porque conta con “poucos viaxeiros”, e os posibles usuarios sinalan que non utilizan máis o tren porque non ofrece un servizo cómodo “con horarios axeitados”. En Cesantes os veciños quéixanse das poucas paradas que fai o tren e da falta de información sobre o servizo e os horarios. Manuel, que rexenta un local de hostalaría na zona, afirma que o servizo era moi utilizado hai anos, pero que o servizo foise deteriorando e que agora “nin sequera hai información sobre os horarios”. A conclusión á que se chega logo de conversar cos veciños de Cesantes, e que o apeadeiro tería máis usuarios se ofrecera horarios máis amplos que se axustasen ás necesidades das persoas que se teñen que desprazar por motivos de traballo, estudos ou lecer, ás localidades veciñas de Vigo, Pontevedra ou Santiago. Os veciños non aceptan a escusa de Fomento para quitar frecuencias, e aseguran que o servizo de utiliza bastante, sobre todo no verán, por parte das persoas que se desprazan á praia, e tamén por parte de turistas e peregrinos. Gloria, que rexenta o Camping de Cesantes, lamenta a eliminación de paradas, xa que sería un bo xeito de favorecer o turismo na zona ao facilitarlles os desprazamentos. Con todo, hai veciños que recoñecen que o tren se usaba moito máis antes, hai xa décadas, cando ter coche propio era un luxo que moi poucos fogares se podían permitir. Agora María é escéptica sobre o uso do transporte público, porque agora “todo o mundo ten coche”, aínda que lembra cando hai décadas o tren era usado polas “leiteiras” da zona, que ían vender o seu produto a Vigo. Pero non só os usuarios do tren os que manifestan o seu malestar, tamén os traballadores de Renfe recriminan a decisión do Ministerio de Fomento. O Comité de empresa na provincia de Pontevedra ten previsto poñer en marcha unha serie de protestas e mobilizacións pola eliminación de catorce trens semanais entre Vigo e Ourense, e a eliminación de paradas en apeadeiros como o de Cesantes, Sela, Pousa-Crecente e Pontevedra-Universidade. Os sindicatos (CGT, UGT, CCOO, SEMAF e S.F.) preparan asembleas e o encerro de Delegados que se acordarán nunha xuntanza o vindeiro mércores, 29 de Maio.  

Manuel hostaleiro
Este veciño denuncia que o servizo se foi deteriorando nos últimos anos.
Berto veciño
Sinala que o tren perdeu viaxeiros porque xa non ofrece un bo servizo de horarios.
Gloria do Camping Cesantes
No camping lamentan a reducción de horarios porque serían un bo servizo para os turistas e peregrinos.
María veciña
Esta veciña opina que a xente xa non usa o tren porque prefire viaxar nos coches particulares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará