Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco culmina unha temporada de ouro co ascenso do equipo xuvenil á Liga Nacional

RR_Noticias

A vitoria sobre o Barbadás por 3-1 serviu para garantir o ascenso directo do equipo redondelán, que o celebrou cunha gran festa en Santa Mariña. Culmina así unha temporada “histórica” para o C.D. Choco, logo de que o equipo sénior certificase o pase á Terceira División.

O campo de fútbol de Santa Mariña viviu esta fin de semana unha gran festa logo de que C.D. Choco culminase unha espectacular temporada. O triunfo do equipo xuvenil sobre o Barbadás no encontro que se disputou o sábado serviu para certificar a segunda praza do conxunto, o que certifica o seu pase á Liga Nacional a próxima temporada. Foi o broche de ouro a unha temporada excepcional, na que o conxunto de máxima categoría acadou o ansiado ascenso a Terceira División logo de máis de tres décadas. Un fito que se festexou cunha celebración emotiva, na que o club reuniu ó actual equipo cos homes que conseguiran a mesma xesta na temporada 1979-80. Agora o club agarda que esta espléndida temporada sirva para que os afeccionados redondeláns se sumen ó proxecto. Iván Crespo, o presidente da Xunta Xestora, confía en aumentar o número de socios, que agora son 270, e elevar a cifra “ata os 500”. Un bo respaldo para afrontar a nova temporada, xa que estar en categorías superiores tamén suporá “máis gastos”. E a xestión económica preocupa no club, que atravesa unha complicada situación que os novos xestores tentan arranxar. Polo de agora as cousas van “por bo camiño”, e na presente temporada conseguiron reducir a débeda en 23.000 euros. O próximo 7 de xuño celebrarán unha asemblea no Multiusos da Xunqueira, ás 20.30 horas, na que farán balance da temporada.
Segunda Autonómica

Choco B 0-0 Bouzas
O filial rematou a temporada terceiro logo de empatar sen goles co R.Bouzas.
Teis 2-1 Chapela
O Chapela non acada a permanencia e remata penúltimo do seu grupo.
Soutomaior 1-1 Beluso
O Soutomaior certifica cun empate a permanencia na Segunda Autonómica.
Ribera 3-0 Nespereira
Os de Pazos, que xa eran matematicamente equipo de Terceira Autonómica, despediron a liga cunha derrota no campo do Ribera.
Terceira Autonómica

Cesantes 1-4 S.Andrés
Os de Redondela remataron a liga cunha derrota diante do S.Andrés.
Unión Sampayo 1-2 Arcade
Palú de penalti e Lucas deron os tres puntos que ascenden directamente ao Arcade a Segunda Autonómica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará