Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A arbitrariedade das arbitraxes

RR_Noticias

Os afectados polas preferentes denuncian a notable redución no número de persoas chamadas ás arbitraxes, que en Redondela sitúan en tan só unha persoas cada 15 días. As críticas falan tamén do “sistema aleatorio” que se está a seguir á hora de seleccionar quen vai á vía da arbitraxe.

A arbitraxe é o procedemento promovido dende a Xunta para que banco e afectados cheguen a unha solución individual a cada conflito e que na practica supón a recuperación dos cartos por parte dos aforradores. Moitos dos afectados pola compra de preferentes e subordinadas confiaban en recuperar os seus investimentos a través desta vía, un procedemento que beneficiou a moitos aforradores, principalmente antes das eleccións. Sen embargo, a partir dos comicios autonómicos o número de persoas chamadas ten diminuído progresivamente. En Redondela, as estimacións da Plataforma falan de que cada 15 días se está a chamar a un afectado, unha periodicidade notoriamente insuficiente se temos en conta que só no noso concello hai máis de 600 afectados. Mais as críticas van máis alá, xa que se descoñecen cales son os criterios que segue a empresa á hora de determinar quen é susceptible de recorrer a esta vía e quen non. Malia que nun principio o FROB anunciou que terían preferencia as persoas cuxo investimento non superase os dez mil euros, na práctica están sendo chamados aforradores con cantidades moi superiores, sen distinción nin en canto ao produto nin tampouco en canto á idade. Por outra banda, dende a plataforma redondelá convidan aos afectados a achegarse á charla que baixo o título Xustiza gratuíta no eido das preferentes e subordinadas vai ter lugar este xoves 23 ás 19:00 horas no Multiusos organizada pola Unión de Consumidores de Galicia.  

Carlos Igrexas Plataforma afectados
Os criterios para acceder á viá da arbitraxe están a ser aleatorios
Charla no Multiusos
Unha actividade o xoves ás 19:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará