Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro” na Casa da Cultura

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro” de Roberto Pascual, dramaturgo, crítico e profesor ademais de director da mostra de Teatro de Ribadavia. O acto, organizado por Normalización Lingüística, terá lugar o luns 20 ás 20:30 horas.

As homenaxes a Roberto Vidal Bolaño no ano no que se lle ven de dedicar o Día das Letras Galegas continúan tamén en Redondela, neste caso cunha charla esta mesma tarde na Casa da Cultura a cargo de Roberto Pascual quen presentará o seu libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro”.. Unha actividade que organiza o servizo de Normalización e que está enmarcada dentro do programa das letras galegas que concluirá o vindeiro 9 de xuño coa presentación teatral de Bailadelas de Teatro Antroido. A cita será no Multiusos ás 21:00 horas e o prezo da entrada 3 euros.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Unha presentación literaria na Casa da Cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará