Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco logra o ascenso á Terceira División

RR_Noticias

Unha contundente vitoria ante o Marín, por 0-4 e o pinchazo do Sanxenxo e o Portonovo fixeron posible un ascenso que se prevía improbable. Preto de douscentos afeccionados pudieron celebrar na tarde de hoxe a vitoria do seu equipo no campo de San Pedro. Os de Jacobo Montes son xa equipo de Terceira División.

Matematicamente quedaban opcións, aínda que a falta dunha xornada para rematar a liga os redondeláns dependían dos resultados dos tres equipos que  lideraban a clasificación: Areas, con 72 puntos, Portonovo con 70 e Sanxenxo con 69, os mesmos que o Choco, que era 4º.E malia o improbable de que os redondeláns lograran o ascenso, finalmente produciuse a miragre, logo da contundente vitoria dos de Jacobo Montes, o empate do Sanxenxo e o esbarón do Portonovo que perdeu por 4-0 ante o Arenteiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará