Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novagalicia Banco abre desde hoxe as oficinas da Praza de Ribadavia e Chapela en horario de tarde

RR_Noticias

Os clientes de Novagalicia Banco terán desde hoxe máis facilidades para facer as súas xestións, xa que o horario de atención ó público se amplía de 16.30 a 20.00 horas de luns a xoves. Na provincia de Pontevedra son un total de 33 sucursais as que contarán con novo horario. No caso de Redondela abrirá pola tarde a oficina da Praza de Ribadavia e a de Chapela na avenida de Vigo.

Serán en total 102 oficinas de Novagalicia Banco as que abrirán as súas portas en horario estendido, sendo a primeira das entidades nacionalizadas en dar o paso. No banco sinalan que deste xeito “reforzan a súa capacidade de servizo nas zonas con maior densidade de clientes”, é dicir, en localidades con máis de 10.000 habitantes ou que conten con máis de 5.000 clientes na sucursal. Trátase de avanzar “nun novo modelo de relación cos clientes” para adaptarse as súas necesidades, segundo Gabriel González Eiroa, director comercial. O horario estendido supón vantaxes para os clientes particulares e os comercios, pero tamén para os traballadores da entidade, xa que supón salvar 290 empregos. Para facilitar as xestións dos clientes Novagalicia Banco establece un sistema de cita previa, que se pode solicitar por teléfono, na páxina web do banco ou a través do caixeiro automático.  

Gabriel González director comercial
González Eiroa fala das vantaxes que supón o novo horario estendido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará