Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a 14 edición do Festival Internacional de Títeres

RR_Noticias

Os escolares de Chapela serán os primeiros en achegarse aos espectáculo do Festival con dous pases no Piñeiral ás 10:30 e 12:30 horas. En total 1.500 escolares pasarán polos multiusos para asistir ás representación das obras Lume de títeres Babaluva e “Los animais de Baltasar” de Teloncillo. Unhas obras das que poderán gozar os escolares pero tamén o público en xeral porque haberá representación na rúa en días posteriores. O programa aberto tamén arranca mañá coa inauguración da exposición Fotográfica “Olladas dun festival”.

As imaxes fotográfica de Cal 3 e Rafa Estevez poderanse ver no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 31 de maio. Unhas instantáneas que resumen en imaxes o que foron as edicións anteriores e que se inagurará ás 20:00 horas. A continuación terá lugar a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta” homenaxe a Barriga Verde o curioso monicreque de luva creado polo galego José Silvent hai agora 100 anos. Unha película  na que o protagonismo redondelá é evidente x a que, segundo explicaba o director do festiva Luís Crespo, algunhas das entrevistas que recolle a cinta foron gravadas no noso concello. Os cativos de Chapela serán os encargados de inaugurar na mañá do martes estes seis intensos días de programación, con dúas funcións escolares no Auditorio Piñeiral do Crego a cargo da compañía vasca Títeres Babaluva e o seu espectáculo “Lume”. A primeira das sesións terá lugar ás 10:30 h, e a segunda, ás 12:30 h.  

Luis Crespo director do Festival
Un programa con actividades paralelas
Homenaxe a Barriga Verde
Unha tradición titiriteira que se remonta un século atras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará