Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un “autobús titiriteiro” achegará o público ao museo Meirande

RR_Noticias

Co propósito de atraer público adolescente e de prolongar a programación ata despois da cea, botan a andar nesta edición do Festival Internacional de Tïteres as “noites Titeresantes” con funcións para adultos que terán lugar na Disco Tasca o venres e sábado na medianoite. os máis cativos tamén terán un oco no espectáculo para bebés “El pollo Pepe” dos madrileños Teatro de la Luna o domingo ás 17:30 e 19:00 horas no Campo da Petanca.

Nun intento por abrir o Festival a novos espazos, o Museo Meirande converterase en escenario de teatro, monicreques e maxia durante a tarde do Día das Letras. Para favorecer o transporte haberá servizo de bus entre A Farola e o museo, cun prezo de 3€ nenos e 5€ adultos ida e volta.  Esta é tan só unha das novidades deste ano dun festival que se celebrará entre o 14 e o 19 de maio e que espera repetir o éxito de público de edicións anteriores coa presenza duns 35.000 espectadores “sempre e cando o tempo acompañe”. Cun orzamento de 70.000 euros, cofinanciado entre a Asociación Xente Titiriteira a través da venda de merchandaising, entradas e colaboracións dos comerciantes da vila e os 35.000 euros que achega o Concello, o programa mantén a calidade e a vocación internacional con compañías de Francia, Chile e Italia, Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia.  

Luis Crespo director do Festival
Un novo espazo no Meirande
Noites titiresantes
Actividades nocturnas
Espectáculos para bebés
Serán na praza da Petanca
Julio Alonso edil de cultura
Orzamento de 70.000 euros dos cales 35.000 son achegados polo Concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará