Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR fai un chamamento á afección redondelá para que apoien ó equipo na fase de ascenso

RR_Noticias

Este venres comeza no Pavillón Municipal de Redondela a fase de ascenso á Primeira División Nacional Masculina. O equipo redondelán pelexará por unha praza xunto a BM Arroyo (León), Luanco (Asturias) e Baplamel (Melilla) cando se celebra o 50º aniversario da SAR. No club agardan que o seu público os arroupe para superar ós seus rivais.

Precisamente o feito de poder disputar o sector en Redondela é o máis positivo para o adestrado Diego Lorenzo, que confía en que a bomboneira viva “unha gran festa do balonmán”. O técnico agarda “un bo ambiente” e moito apoio por parte do público para poder acadar o obxectivo do ascenso. Non o van a ter fácil, xa que os rivais “son duros”. Deberán enfrontarse ao primeiro clasificado de Asturias (H. Estación Luanco), ao primeiro clasificado de Castela-León (Arroyo) e ao Baplamel (Melilla). Desde o Concello de Redondela amosaron o seu apoio ó equipo nesta importante competición. O concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, animou ós veciños a achegarse ó pavillón para apoiar á SAR, coa que veñen de asinar un convenio de colaboración por importe de 20.000 euros. Calendario fase de ascenso: Venres 10 de maio: 19.00 Blaplamel-BM Arroyo; 21.00 SAR Plastic Omnium-Luanco Sábado 11 de maio: 18.00 SAR Plastic Omnium-Baplamel; 20.00 BM Arroyo-Luanco Domingo 12 de maio: 10.30 Luanco-Baplamel; 12.30 SAR Plastic Omnium-Arroyo O resto de sectores pola fase de ascenso a Primeira Nacional xóganse en Santoña (Cantabria), Biscaia, Barcelona, Cidade Real e Córdoba. Os primeiros de cada grupo acadan o ascenso directo, e os catro mellores segundos xogarán unha segunda fase na que se clasificarán dous equipos máis.  

Diego Lorenzo adestrador
O técnico confía no apoio da afección para facerse cunha praza na Primeira Nacional.
Os rivais
Lorenzo analiza ós seus rivais na fase de ascenso.
Jesús Crespo edil de Deportes
O Concelleiro anima ós veciños a apoiar ó equipo nos partidos que disputan esta fin de semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará