Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e BNG chaman a apoiar a manifestación en Defensa do Ensino Público

RR_Noticias

Ambas as dúas formación políticas fan un chamamento a participar na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para este xoves día 9 en Vigo ás 11:30 horas e critican unha lei, a Lomce, que segundo denuncian vai devolver a escola aos anos 50 e vai incrementar o abandono escolar. Pola tarde repetirase a protesta cunha manifestación convocatda por CCOO ás 19:30 horas.

Unhas mobilizacións convocadas polos diferentes colectivo que integran a Plataforma en Defensa do Ensino Público dende a cal fan un chamamento á sociedade para que se implique no paro, convocado en toda España, e que afecta a todos os niveis educativos e ten como finalidade volver expresar o rexeitamento ao anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e aos recortes.
En Redondela aprobouse neste sentido unha moción presentada no último pleno municipal polo PSOE na que a corporación amosou, cos votos en contra da maior parte dos concelleiros populares agás o edil de Cultura, Julio Alonso, o seu rexeitamento á coñecida como Liei Wert, argumentando que vai en detrimento da calidade do ensino público e que incrementa as axudas aos colexios privados, incluso aos que segregan ao alumnado por sexos.
Dende PSOE e BNG amosan o seu apoio a protesta de mañá de convocan aos veciños a participar na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público que terá lugar en Vigo ás 11.30 horas e xa pola tarde ás 19:30.
Ademais de apoiar a iniciativa, o PSdeG-PSOE da Vila dos Viadutos anima tamén a tódolos estudantes, nais, pais e asociacións de todo tipo a que acudan a cidade olívica para deixar clara a postura da poboación ante esta lei que pretende ao seu entender “devolver a escola aos anos 50”
No mesmo sentido, os nacionalistas chaman a apoiar a convocatoria de folga en contra da LOMCE e denuncian ademais que a instauración das reválidas tal e como recolle a lei “vai conducir a unha elevada porcentaxe do alumnado, a abandonar o sistema educativo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará