Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Non busques fora, consume no pequeno comercio

RR_Noticias

Con ese lema arranca en Redondela unha campaña promocional do comercio local promovida dende o colectivo Senghasoil. Hoxe mércores convocan aos comerciantes a se achegar a unha xuntanza no Multiusos para que se animen a participar da iniciativa que contará tamén coa colaboración dos rapaces dos centros educativos do Concello.

O Colectivo Senghasoil promove esta iniciativa que a través de diferentes accións quere concienciar aos veciños da importancia de facer as súas compras no pequeno comercio local. Salientan o feito de que o consumo nos comercios do lugar favorece o fomento da economía local, axudando a manter e xerar emprego e supón tamén un xesto que inflúe positivamente no medioambiente, xa que evita que empreguemos o coche e, polo tanto,diminúe a contaminación. Tani Mantínez, membro do colectivo, fai unha chamamento aos comerciantes a que se acheguen hoxe mércores ás 21:00 horas ao Multiusos onde terá lugar unha xuntanza na que se informará da devandita campaña e se porán sobre a mesa as diferentes iniciativas que pretenden levar a cabo, entre as que se atopa unha colaboración cos rapaces de 6º da ESO dos centros educativos do Concello para elaborar unha imaxe promocional do comercio.  

Tania Martínez Senghasoil
Unha actividade orientada a promover o consumo no comercio local
Implicación cidadá
Se procura unha maior implicación tamén dos escolares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará