Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incautan 78 kilos de ameixa nunha operación contra o furtivismo en Cesantes

RR_Noticias

Axentes da Policía autonómica incautaron na madrugada de hoxe 78 kilos de marisco e inmobilizaron un vehículo nunha actuación realizada na praia de Cesantes logo de recibir o aviso do patrón maior, Clemente Bastos, quen alertaba da acción dos furtivos. O marisco foi devolto ao mar polo axentes.

Erradicar o furtivismo segue a ser unha das prioridades das confrarías e malia que en Redondela non supón un problema de tanta relevancia como noutras localidades, as veces tamén se producen feitos como o desta madrugada, cando se incautaron aos furtivos un total de 78 kilos de ameixa, un marisco que foi devolto ao mar ás doce do mediodía. Foi o propio patrón maior, Clemente Bastos, quen alertou á policía logo de observar a acción dos furtivos na zona da praia próxima ao hostal Antolín. Ata o lugar achegáronse axentes da Policía Local, Nacional e Policía Autonómica que identificaron aos furtivos, decomisaron un vehículo e incautaron o marisco. Bastos lembra que ademais do control que se fai na costa, con patrullas de vixilancia organizadas polas propias confrarías ou por parte da Policía e o Servizo de gasdacostas, sería necesario un maior control no mercado, para evitar que estes produtos, que non contan cos requisitos sanitarios necesarios acaben nas cociñas dos restaurantes.    

Clemente Bastos Patrón Maior
A rápida actuación da patrulla de vixilancia evitou que os furtivos levaran o marisco
Risco sanitario
Comprar estes productos ten un risco para os hostaleiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará