Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o autor dos actos vandálicos no Paseo marítimo de Arcade

RR_Noticias

A garda Civil de Soutomaior detivo a A.R.V. de 19 anos de idade e veciño da localidade como presunto autor dos danos causados no paseo marítimo de Arcade o pasado 18 de abril. O arrestado pasou onte pola mañá a disposición do xulgado de instrucción de Redondela e logo de prestar declaración quedou en liberdade con cargos. O arranxo destes desperfectos custaralle ao concello máis 10.000 euros.

Os danos, en cuxo arranxo está a traballar xa o concello, producíronse tanto no paseo de Arcade como na zona do peirao onde apareceron rotos oito bancos de pedra e madeira, odce papeleiras e unha ducha. Tamén se retiraron varias tapas de rexistro que se atopaban no mar e se causaron danos nunha lancha fora borda e nun bote de poliester de recreo. Os axentes detectaron ademais diversos danos no cableado do subministro eléctrico na nova pasarela de madeira construída baixo a ponte da N-550 .
As investigacións da garda Civil, logo da denuncia presentada polo Concello, levaron a identificar como presunto autor dos actos vandálicos a un mozo de 19 anos veciño da localidade. Logo da súa detención pasou onte pola mañá a disposición do xulgado e logo de prestar declaración quedou en liberdade con cargos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará