Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle un sector da fase de ascenso a Primeira Nacional coa SAR como anfitrioa

RR_Noticias

A SAR Plastic Omnium pelexará por unha praza na Primeira Nacional xunto a Luanco (Asturias), Arroyo (Castela-León) e Melilla. Os partidos disputaranse os días 10, 11 e 12 de maio na Bomboneira, que será o escenario dunha gran festa do balonmán cando se conmemora o 50º aniversario da SAR.

Os rivais para o conxunto redondelán non son fáciles. Os pupilos de Diego Lorenzo deberán enfrontarse ao primeiro clasificado de Asturias (H. Estación Luanco), ao primeiro clasificado de Castela-León (Arroyo) e ao Melilla. O adestrador amósase satisfeito coa situación, xa que malia recoñecer que se trata de rivais moi duros, a SAR “parte coa vantaxe de xogar na casa” e contar co apoio da súa afección. O resto de sectores pola fase de ascenso a Primeira Nacional xóganse en Santoña (Cantabria), Biscaia, Barcelona, Cidade Real e Córdoba. Os primeiros de cada grupo acadan o ascenso directo, e os catro mellores segundos xogarán unha segunda fase na que se clasificarán dous equipos máis.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará