Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha entidade bancaria estuda abrir unha sucursal na Avenida de Redondela en Chapela

RR_Noticias

As negociacións entre os veciños desta zona da parroquia e unha entidade bancaria poderían dar os seu froitos esta mesma semana segundo palabras dun dos afectados. O obxectivo é lograr que algún banco abra unha sucursal logo do anuncio do peche da oficina de Novagalicia. Os veciños concéntranse esta tarde ás 18:00 horas ante esa sucursal para denunciar o peche do banco.

Os veciños están convocados pola Asociación de Afectados pola AP-9 e a Comunidade de Montes de Chapela a se manifestar esta tarde diante da oficina da entidade  bancaria da avenida de Redondela ás 18:00 “para despedirse de Novagalicia Banco”. Insisten en que tanto a nivel particular como os colectivos que alí teñen as súas contas bancarias teñen previsto retirar os seus cartos ante a decisión unilateral do banco de pechar este servizo na parroquia. De feito, un total de 1.542 clientes aasinaron un manifestos que foi entregado ao banco no que amosaban a súa disposición a retirar as súas contas de seguiren adiante na súa intención de pechar a sucursal. Dende a Asociación de Afectados pola AP-9, Roberto Billar adianta ademais que nos vindeiros días podería “producirse un acordo con outra entidade  bancaria interesada en abrir unha oficina na Avenida de Redondela en substitución a sucursal que se pecha. Insisten en que este servizo “é esencial para a zona alta de Chapela e que a súa eliminación suporá un pao ao comercio e a actividade social do lugar”.  

Roberto Villar afectado
Critican a decisión de Novagalicia Banco de pechara a sucurssal
Negociación con outra entidade
Esta semana reuniranse cunha entidade interesada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará