Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aqualia xestionará a piscina de Chapela por un período de 4 anos

RR_Noticias

AER rexeitou a proposta por entender que o servizo non debería pasar a mans privadas mentres que PP, PSOE e BNG votaron a favor “ante a necesidade de poñer en marcha canto antes unhas instalacións cuxa adxudicación xa quedou deserta en dúas ocasións”. Aqualia xestionará o centro de deportes acuáticos por un período de 4 anos e a súa posta en marcha debería facerse efectiva no prazo dun mes.

A empresa recibirá 70.000 euros anuais -40.000 en concepto de gasto en electricidade e 30.000 en biomasa- mellorando así as condicións da outra empresa que tiña posibilidades de ser a adxudicataria, a empresa Serviocio. Unhas condicións que non convencen a ningún dos grupos presentes na corporación, pero que segundo explicou o voceiro do PP, Miguel Angel Álvarez Ballesteros veñen condicionadas pola necesidade de poñer en marcha canto antes unhas instalacións que levan paradas demasiado tempo, logo de que a súa adxudicación se declarase deserta en dúas ocasións. No mesmo sentido se manifestaban dende PSOE e BNG, grupos que argumentaban o seu voto a favor “por unha cuestión de responsabilidade” para que a piscina entre en funcionamento no prazo máis breve posible e tendo en conta que Aqualia foi a empresa mellor posicionada en base a uns baremos obxectivos. O representante da Agrupación de Electores, Jorge Varela “Chopi” foi a única voz discordante neste punto. O seu voto en contra debeuse, segundo explicou, a que dende o seu grupo se defendeu en todo momento que se estudase a posibilidade de que fose unha cooperativa quen xestionara as instalacións deportivas. Unha petición feita tamén dende o Consello parroquial de Chapela pero que non tivo eco no goberno.  

MIguel Angel Alvarez Ballesteros PP
Explica o motivo da concesión
Luis Orge PSOE
os socialistas apoiaron a proposta
Cecilia Pérez BNG
O BNG tamén amosou o seu apoio por responsabilidade
Jorge Varela "Chopi"
Rexeitaron a proposa por non estar de acordo con privatizar o servizo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará