Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

13 Maios para festexar a primavera

RR_Noticias

A participación nesta cita tradicional no noso concello continúa diminuíndo. Se hai dous anos foron 22 os participantes e o ano pasado se acadara a cifra de 15 agrupacións, nesta edición serán 13 os Maios que se poderán ver na Alameda de Redondela a partir das 11:00 horas de mañá, día 1 de Maio.

Con todo, Maios artísticos e tradicionais volverá lucir nunha xornada que se espera solleira. Nenos e maiores daranse cita nun día no que estas construcións vexetais se deixan ver no centro da vila e no que se escoitan as coplas interpretadas polos máis pequenos.
Entre todos os participantes elixiranse aos mellores nas categorías de maio tradicional e artístico, mellor interpretación e mellores coplas, premios que concede a Concellería de Cultura e que van dende os 200 euros para o primeiro clasificado, 150 o segundo e 100 euros para o terceiro. En total repartiranse 1.800 euros en premios.
As agrupacións participantes son: O Cruceiro, Cruceiro da Torre, o Carballo, Recuncho, Os Tradicionais, Cono do Adro, O canastro, Os Tirabeques, Pabo Real de Saxamonde, Nenos da praciña, Os rapaciños do Carballo, os Pequechos de Sanmar e Redondela Cultural.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará