Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita o apoio do pleno ás mobilizacións e aos traballadores de Pescanova

RR_Noticias

Os nacionalistas presentaron unha moción de urxencia para o seu debate no pleno que se celebra hoxe ás 20:00 horas para que a corporación amose o seu apoio aos traballadores de Pescanova, empresa que se atopa en concurso de acredores. Solicitan tamén o apoio ás mobilizacións que os traballadores decidan levar a cabo na defensa dos seus traballos e que se inste á Xunta a poñer en marcha medidas que sirvan para manter a galeguidade da empresa así como os postos laborais.

Dende o Bloque lembran que Pescanova é unha empresa punteira que atravesa unha grave situación que pon en perigo os postos de traballo de máis de 1.000 persoas en Galicia e  8.000 en todo o mundo aos que habería que engadir os máis de 5.000 postos de traballo indirecto no noso país.
Subliñan ademais que o desmantelamento desta empresa, que ten recibido en múltiples ocasións axudas públicas do goberno galego desde que en 1995 se lle inxectaran 42 millóns de euros para evitar a súa compra por parte de Unilever, suporía un grave problemas para o noso concello e para Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará