Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela xunto con tres cómplices polo roubo dunha vivenda

RR_Noticias

M.F.S. de 46 anos de idade e veciño de Redondela foi detido xunto con tres persoas máis pola Garda Civil de Baiona como presuntos autores dun roubo con forza nunha vivenda do municipio e que tivo lugar en xullo do pasado ano.

Unha venda de xoias permitiu a detención das catro persoas en Baiona. Os detidos son, ademais do veciño de Redondela, dous vigueses de 26 e 37 anos de idade e un mozo de 19 anos natural de Baiona.
Están acusados de seren os autores dun roubo con forza nunha vivenda habitada de Redondela que tivo lugar en xullo do pasado ano e no que, ademais de producírense importantes danos foron subtraídas unha gran cantidade de xoias, un ordenador portátil e unha cámara dixital, entre outros obxectos.
No caso están imputadas ademais outras dúas persoas, como presuntos vendedores das xoias roubada, que supostamente venderon nun establecemento de compra-venda de ouro en Gondomar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará