Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O F.S. Redondela camiña con paso firme á salvación logo de cinco xornadas sen perder

RR_Noticias

A vitoria no pavillón do Poio deixa ós de Julio Mougán como novenos na táboa, a mellor clasificación acadada no que vai de temporada. A tres xornadas para rematar a liga o obxectivo da permanencia parece xa cumprido, aínda que varios equipos terán que xogar aínda partidos aprazados. A próxima cita do F.S. Redondela será o 1 de maio diante do Abetos.

Despois dos tres puntos sumados en Poio (3-5) a situación do equipo redondelán é outra. Trátase dunha vitoria “de peso” como recoñece o propio Mougán, que ven a confirmar que o cambio no esquema de traballo introducido polo novo adestrador “está a dar os seus froitos”. Con todo o técnico resta importancia ao feito de que os resultados melloraran coa súa chegada ó banco e atribúe o mérito ao esforzo “de todo o equipo”. Con esta última vitoria os redondeláns suman a súa quinta xornada consecutiva sen perder, suman trece puntos de quince posibles e acadan a mellor clasificación da tempada. Son novenos a falta de tres xornadas, aínda que varios equipos da zona baixa terán que disputar este sábado os encontros aprazados no seu momento. Por este motivo a Federación estableceu que esta fin de semana non haberá liga, e o seguinte partido da competición para o F.S. Redondela será o festivo 1 de maio. Xogarán na bomboneira diante do Abetos, que está situado na parte baixa da táboa, na 11ª posición. Sobre o papel será un encontro “asequible” para os locais, e Mougán confía en sumar os tres puntos. Malia todo advirte que o equipo deberá estar ó cen por cen, sobre todo no plano ofensivo, e mellorar a súa eficacia goleadora. Salienta o técnico que a estas alturas da liga “todos os rivais se están xogando algo” e que é necesario seguir traballando “con intensidade” para acadar os obxectivos. Os seguintes rivais do F.S. Redondela serán o Pandiña, co que xogarán en Moaña, e o Cafetería Luar, co que despedirán a liga en Redondela.  

Julio Mougán adestrador
O técnico afirma que os bos resultados son froito do traballo de todo o equipo.
F.S. Redondela-Abetos
Mougán confía en sumar tres puntos no próximo partido e garantir a permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará