Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o proceso para a contratación de 8 operarios para a limpeza das praias

RR_Noticias

O Concello de Redondela convoca 8 prazas, dúas de capataces e seis de peóns, para a prestación do servizo de limpeza nas praias do concello durante o período estival. O prazo de inscrición para poder optar a algunhas destas prazas remata o xoves 25 de abril.

O concello de Redondela ten aberto o prazo de presentación de instancias para poder optar a un dos 8 postos de traballo que oferta de cara ao período estival. Contrataranse un total de 8 persoas, dous capataces e seis peóns, que se encargarán de desenvolver labores de limpeza dos espazos públicos nas praias do municipio dende maio ata  outubro.
As persoas seleccionadas estarán contratadas durante un período de catro meses e medio, 20 horas semanais en horario variable, de luns a domingo segundo as necesidades do concello, cunha retribucións brutas mensuais de 838 euros mensuais brutos no caso dos capataces, 705 euros mensuais é o que percibirán os peóns..
Os aspirantes deberán estar en posesión do carné de conducir clase B e deberán presentar as instancias no Rexistro Xeral do Concello con prazo límite o vindeiro xoves 25 de abril, indicando expresamente en que proceso están interesados en participar.
Toda a información e as instancias a presentar poden consultala no páxina web do concello http://www.redondela-server.net/web
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará